Morreredes, Se Vos Nom Fezer Bem

Morreredes, se vos nom fezer bem,
por mim, amig', e nom sei que vos i
faça, pero muitas vezes cuid'i,
e deste preito vedes que mi avém:
       é-mi mui grave de vos bem fazer
       e mui grav'é de vos leixar morrer.

Rem nom vos pode de morte guardar,
e sei bem que morr[er]edes por mi,
se nom houverdes algum bem de mim;
e quant'eu hei em tod'est'a cuidar:
       é-mi mui grave de vos bem fazer
       e mui grav'é de vos leixar morrer.

Se vos nom fezer bem, por mi Amor
vos matará, bem sei que será assi,
mais bem vos jur'e digo-vos assi,
se Deus mi leix'en fazer o melhor:
       é-mi mui grave de vos bem fazer
       e mui grav'é de vos leixar morrer.

E rog'a Deus, que há end'o poder,
que El me leix'end'o melhor fazer.
61
0


Quem Gosta

Quem Gosta

Seguidores