Lista de Poemas
Tí e máis eu
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de tí e min
xa que vivimos.
Tí i eu nos ventos
e nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
e nos ríos.
Tí i eu, historia
de corpos nidios.
Tí i eu, saudade
de álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo
polo tempo que imos.
Tí i eu cantando,
chorando e rindo.
Non
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quén é quén...
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Si dixese que acaso
as cousas son esí,
porque sí,
veleí,
e non lle demos voltas.
(Si aquíl está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Si algunhos van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son unhos docas).
Si dixera que sí...
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.
Pero non.
Tempo de chorar
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.
Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros e alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.
E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.
Longa noite de pedra
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
O meu reinado
goberno o corazón
na libertá do vento e dos camiños.
Eu obedezo ás miñas propias leises
i os meus decretos sigo ao pé da letra.
Un cetro de solpores,
unha croa de nubes viaxeiras,
un manto avermellado
de soños i esperanzas
no limpo alborexar de cada día,
dame o poder lexítimo do pobo.
Represento aos calados,
interpreto aos que foron
voces da terra nai
nos antergos concellos da saudade.
Eu son un rei.
Un labrego do tempo dos sputniks.
Comentários (0)
NoComments
Celso Emilio Ferreiro, onte e hoxe
Irmaus. Celso Emilio Ferreiro. Fuxan os ventos
Cantigas de Celso Emílio Ferreiro
CONSELLOS (Poema de Celso Emilio Ferreiro. Música Amancio Prada)
Arredemo - Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro)
Arriba España Intervención de Celso Emilio
Día da Paz 2018 Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro
Salvador Sobral: Eu en ti (Celso Emilio Ferreiro/Abe Rábade)
Celso Emílio, Suso Vaamonde: O neno
"Monólogo do vello traballador" (Celso Emilio Ferreiro)
«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» booktrailer
PACO IBÁÑEZ CANTA A CELSO EMILIO FERREIRO CHOVE
Irmaus Celso Emilio Ferreiro Fuxan os ventos
Celso Emilio Ferreiro - Escolma de entrevistas
Remodelación c/Celso Emilio Ferreiro 15-12-23
Monólogo do vello traballador Celso Emilio Ferreiro
Accidente en la calle Celso Emilio Ferreiro
Lydia Botana (Bolboreta) interpretando a Celso Emilio Ferreiro
AGARDAREI - Batallán - Celso Emilio Ferreiro
Son Trío musican o poema 'Un día' de Celso Emilio Ferreiro
XM LAGO E ÓSCAR MARTÍNEZ-EU EN TI (CELSO EMILIO FERREIRO).
Pra Moraima, sempre (de Celso Emilio Ferreiro)
CONSELLOS Poema de Celso Emilio Ferreiro Música Amancio Prada Full HD
"Ti e máis eu" Celso Emilio Ferreiro. Música de "A banda da Loba"
"os honoraveis" Celso Emilio Ferreiro
Presentados diez poemas censurados de Celso Emilio Ferreiro
Centenario Celso Emilio Ferreiro
IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro - ANDORRA 2023
Deitado frente ao mar - Celso Emilio Ferreiro
Eu en ti de Celso Emilio Ferreiro interpretado por Sobral e Abe Rábade
CELSO EMILIO FERREIRO, 9
Acto homenaje a Celso Emilio Ferreiro
Manolo Bacallau - Spiritual (Poema de Celso Emilio Ferreiro)
"Xuntei o vento frío coa auganeve" de Celso Emilio Ferreiro por Amancio Prada
La calle Celso Emilio Ferreiro reabre tras 7 meses cortadas por obras
Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas
Visita de Fina Casalderrey ao CEP Celso Emilio Ferreiro
Reabre Celso Emilio Ferreiro después de 7 meses cortada y unas largas obras
Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro
RAIBA | MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR (poema de Celso Emilio Ferreiro) | Álbum: Marxinación (2017)
Desfile Entroido IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro 2020
A Banda da Loba interpreta un poema musicado de Celso Emilio Ferreiro
"Ti e mais eu", de Celso Emilio Ferreiro.
Postais navideñas do alumnado do CEP Celso Emilio Ferreiro
Concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
Estado das obras da rúa Celso Emilio Ferreiro
Maria Soliña - Celso Emilio Ferreiro. Vilches
Ataque Escampe • Monólogo do vello traballador (Homenagem a Celso Emílio)
Alma da Terra- Celso Emilio Ferreiro (Charanga BCB)
Video das mestras e mestres do CEP Celso Emilio Ferreiro polo Día Internacional do Autismo.
Português
English
Español