Por Deus, Amiga, Preguntar-Vos-Ei

- Por Deus, amiga, preguntar-vos-ei
do voss'amigo, que vos quer gram bem,
se houve nunca de vós algum bem;
que mi o digades e gracir-vo-l'-ei.
- Par Deus, amiga, eu vo-lo direi:
       serviu-me muit', e por lhi [nom] fazer
       bem, el foi outra molher bem querer.

- Amiga, vós nom fezestes razom
de que perdestes voss'amig'assi;
quando vos el amava mais ca si,
por que lhi nom fezestes bem entom?
- Eu vos direi, amiga, por que nom:
       serviu-me muit', e por lhi [nom] fazer
       bem, el foi outra molher bem querer.

- Vedes, amiga, meu sem est atal:
que, pois vos Deus amigo dar quiser
que vos muit'am'e vos gram bem quiser,
bem lhi devedes fazer e nom mal.
- Amiga, nom lhi pud'eu fazer al:
       serviu-me muit', e por lhi [nom] fazer
       bem, el foi outra molher bem querer.
140
0


Quem Gosta

Quem Gosta

Seguidores